Vende-lo coche para comprar gasolina.
¿Financiamento con déficit das novas titulacións na Universidade?
1.
O escenario e os
actores siguen sendo os mesmos.
A
FETE/UGT recabdou a nivel do Estado, nos primeiros meses de 1997, un millón
de signaturas para esixir, no marco do "Manifesto
a Favor da Universidade Pública",
a tramitación dunha Lei de Facenda das Universidades Públicas que supuxese
un Pacto de Estado, igual que en Portugal e noutros países europeos, a prol
do incremento dos fondos públicos do 1,5% do PIB para financiamento do Ensino
Público Superior que permitise alcanza-la media da UE. A CRUE defendeu con
entusiasmo esta proposta que só sirveu para erosiona-la ministra de Educación,
Esperanza Aguirre, á que o Goberno do Estado lle negou toda marxe de manobra.
A
Xunta sumóuse a esa política de mantemento da Universidade de sionllos e naquel
intre declarou que en Galicia o SUG tiña superado o período de expansión e
estaba xa consolidado, que podía e tiña que avanzar en calidade sen plans
especiais de finaciamento, polo que a ampliación do mapa de titulacións tería
que desenvolverse sen sobrecusto ningún
e para compensar ós campus menos
dotados, practicando así unha intoxicación social que tivo como resultados
as manifestacións, por un banda, de que o que importa son titulacións mentras
que as infraestructuras necesarias para acollelas son irrelevantes e, pola
outra, confronta-los localismos coa Universidade envelenando e freando o seu
debate interno da avaliación dos custos
derivados, previo ó dunha programación
estratéxica das titulacións a implantar. A Xunta tensionou esta situación
aplazando a discusión do IIº Mapa de Titulacións, que arrastraba como pendente
desde 1993, para o Consello Universitario de 27/09/96 e, despóis, para o de
25/04/97; pero, previamente a sesión deste último, xa o conxelara unilateralmente
e, tra-la mesma compareceu o Conselleiro ante os medios de comunicación, sen
a presencia dos Rectores que era habitual, acompañado únicamente do Director
Xeral de OU, para anunciar oficialmente que o Mapa seguiría pechado e, para
aumenta-la virulencia dos localismos, manifestou que os Rectores estaban de
acordo (¡!).
2.
A comunidade universitaria
ten antes de nada dereito a saber:
-
O calendario para o debate e aprobación do Mapa
de Titulacións.
-
Os criterios xerais de partida da Xunta de Galicia.
-
As previsións da Comunidade Autónoma para atendé-los
novos custos, especialmente os de persoal que constitúen o eixo do seu control
do gasto da Universidade.
-
O posicionamento do Consello Social da Universidade.
-
A vontade do Rector e da súa coalición de goberno
de finaciamento por déficit ou non. Lémbrese que se acaba de aproba-lo presuposto
do 2002 a só dous meses do peche do exercicio sen cumpri-lo precepto da LOU
(Art. 81.4) de acompañalo coas RPTs do persoal de tódalas categorías da Universidade
coa especificación da totalidade dos seus custos. Así mesmo, que CUSA ten
edebedada á Universidade alomenos en 800 millóns de euros e que esta sociedade
lle transfireu á Universidade o morto da IIª Fase do Rectorado (Consello Social
de 10/07/02) e que a Residencia está hipotecada co Vº e Prace da Universidade
por Caixanova incluido o solar no que se levanta e que a Universidade obrigóuse
a finaciarlle o déficit.
-
Se o Rector mantén a súa postura, expresada
tra-lo o coñecemento dos resultados do campus de Ourense para a súa reeleción,
de impulsa-la súa segregación unha vez celebradas as vindeiras eleccións municipais.
Novembro de 2002.
FETE/UGT-UVIGO.