Carta aberta ao Profesorado de Joám J. Santamaria
Conde:
Compañeiras e compañeiros,
Diíixome a todos vós con motivo das eleicións sindicais do próximo dia
27, na condición de cabeza de lista pola UGT
á Xunta do PDI da que primeiro fun Secretario e, despois, Presidente até fin de
mandato.
A UGT non é un sindicato de fachada, senón de compromiso. Promove e
participa en todas as manifestacións a favor dun mellor Ensino. Igualmente non
reduce o seu traballo a saídas na foto, non patrimonializa pancartas nen
manipula carteis comúns. Igualmente
evita anunciar como logros o que ainda son meras expectativas.
Desde 1931 a Federación de
Traballadores do Ensino (FETE/UGT)
ven defendendo o ensino público no conxunto do Estado español, a mellora das
condicións e relacións de traballo dos docentes e a dignidade do profesorado no
seu conxunto. A Historia do Ensino galegoe español pode ser escrita, en boa
medida, desde a propia de FETE/UGT. A
día de hoxe nengún outro sindicato ten pagado tan alto custo polo muito defendido,
nomeadamente, nas etapas de quebra democrática cando o sistema imposto de
ensino obedecía a criterios de mero sometimento ao pensamento único dominante.
Agora, dísenos: En Galicia, sindicalismo galego, expresión loábel se non fose
pola descualificación excluinte negadora da liberdade sindical e de pensamento.
O sindicalismo é, por solidario, internacionalista. A liberdade e pluralidade
en Galicia, e fora, van da man da democratización da sociedade, do ensino e da
mellora da sua cualidade e das condicións de traballo dos ensinantes.
FETE/UGT
defende e promove todos os direitos e os de todos os traballadores, sen
distinción de crenzas, ideoloxías ou calquera outra condición persoal. Por isto
non entende, despois de mais de vinte anos de termos superado o VERTICALISMO,
aos SINDICATOS CORPORATIVOS que proclaman só a defensa de intereses de
segmentos concretos de docentes. A Sección Sindical de FETE/UGT alcanzou hai catro anos a maioría de representantes na
Xunta de Persoal Docente e Investigador (Xunta
de PDI) polo que tivo a seu cargo a Presidencia e Secretaría de tal Órgano
de Representación. Desta sua actuación
cabe salientar:
-Elaboración do Regulamento da
Xunta de PDI, distibuido ao todo o Profesorado da Universidade unha vez editado
polo Servicio de Publicacións.
-Os seus representantes
asistiron a todas as sesións celebradas. Os das outras Centrais fixéronno en
contadas ocasións, mesmo cando aos asuntos atinxías a afiliados seus.
-Defendeu, na practica, en
solitario a afiliados doutras Centrais amais de aos seus.
-Recabou documentación,
pediu información e compareceu en cuestións de interese para todo o PDI da
Universidade: avaliación docente, quinquenios, rescisión arbitraria de
contratos e contratacións irregulares de profesorado, uso indebido da potestade
disciplinaria, acoso moral no traballo, ...
-Defendeu en solitario a
creación da Mesa Sectorial na Universidade de Vigo para facer o seguimento, en
transparencia, do Plano de Estabilización do Profesorado e para alcanzar unha
maior representatividade sindical.
-Reclamou a corrección nos
procedimentos adminsitrativos e na xestión dos recursos públicos postos a
disposición da Universidade.
-Foi a única voz sindical
permanente na Xunta de Goberno.
Porque a representación sindical
do PDI constitue un compromiso de solidariedade, quitando tempo a outras
dedicacións persoais, agora é o teu turno, compañeiro/a. Só
o voso voto dirá que representación sindical desexados mellor. Se votades UGT estade certos na firmeza do noso
compromiso.
Un saúdo solidario.
J. J. Santamaria Conde