O LABOR DOS
SINDICATOS NA CONFORMACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA CIDADE DE VIGO
|
![]() |
Santos Hector Rodríguez
Díaz.
Secretario da Unión Comarcal de UGT-VIGO |
![]() |
||
Un
modelo de sindicalismo de futuro.
|
||||
A UGT estivo, dende os comezos do sindicalismo na cidade de Vigo, sempre presente e adoptou como sinal diferenciador o compromiso de que o desenvolvemento da cidade se ancorase conxuntamente no progreso social e económico. Esta visión da UGT é, polo tanto, contraria a do movimento sindical de Gran Bretaña, de presupostos gremialistas e un perfil presocialista, principlamente centrado nos temas salariais e apenas preocupado pola inversión máis intensa e un máis alto nivel de formación dos traballadores, é dicir, cun máis que relativo interese polos avances económicos e técnicos como base do progreso social. A cultura industrial
é, en boa medida, unha das bases máis decisivas do sempre
crecente dinamismo económico de Vigo, que se conforma darredor
da necesidade de estructurarse como unha economía aberta ó
mercado exterior, tendo como eixo o Porto, dado o seu importante grao
de aillamento coa Galicia interior e, en consecuencia, coas redes de
transporte terrestre da Península Ibérica. Neste contexto,
a UGT defendeu sempre a necesidade de mellora-la cualificación
e especialización dos traballadores como a vía máis
segura para seguir vivindo do traballo e, en última instancia,
como motor do cambio social e do avance económico. Este tipo
de traballo cualificado e especializado nunca foi considerado pola UGT
como ameaza para o movimento obreiro, senón todo o contrario,
e tamén como medio de desenvolvemento e aproveitamento da creatividade
humana. |
||||
A UGT en Vigo foi, igual que no resto do Estado, sempre reivindicativa. A propia colección histórica do FARO DE VIGO constitúe, entre outras, unha boa testemuña a este respecto de que nunca ata a data deixou de defender un traballo con dereitos e a dignidade dos traballadores e traballadoras; pero estivo sempre aberta ó logro dun meirande progreso social e económico mediante a defensa daquelas políticas xerais e empresariais que conducían a estes obxectivos implementando os cambios necesarios . Esta marca sindical da UGT débese en Vigo a estreita vinculación dous seus primeiros líderes, José Araujo Pérez e Enrique Heraclio Botana, con Pablo Iglesias, fundador da UGT en 1988, que en 1894 visita Vigo da man de J. Araujo. Iste novo sindicalismo tiña por diante unha dura tarefa, que soupo afrontar con lealdade ós traballadores e comedimento nas súas propostas, lémbrese senón a folga xeral de 1895, impulsada por Araujo, a prol da xornada de dez horas e media, no mesmo ano que constitúe a Federación de Traballadores da UGT en Vigo. | ||||
![]() |
Notables historiadores contemporáneos da economía, como David Landes, e tamén os economistas teóricos, entre outros xa Adam Smith no século XVIII, veñen defendendo que o nacimento e desenvolvemento da sociedade insdustrial tivo entre as súas causas a da previa e constante especialización e cualificación dos traballadores. Neste senso, compre dicir que os representantes dos traballadores pola UGT nunca foron simples delegados ante a dirección das empresas, senón que tentaron sempre de seren os seus representantes na dirección, pedindo máis inversións, máis medios técnicos e implantación de políticas de máis cualificación, así como de seguridade e prevención de riscos, mellora en xeral das condicións de traballo e das relacións laborais como algo importante para as empresas, vinculando o futuro das mesmas co progreso social e económico. | |||
Anticipóuse polo tanto en Vigo coa UGT un modelo de sindicalismo que resultou predominante, dende 1945, tanto en Alemaña como en Italia, e constitueu unha das claves da súa reconstrucción da posguerra. | ||||
En Alemaña xurdeu a través de reformas legais do propio sistema de relacións laborais e en Italia foi impulsado inicialmente polos sindicatos metalúrxicos de Turín, conscientes de que a recuperación da economía industrial no ía a ser de seu automática e que, polo mesmo, había que apostar á vez pola reconstrucción social e económica, o que produxo notables éxitos inmediatos para a FIAT. | ||||
A documentación, que se garda no Arquivo do Concello, da Comisión Provincial de Reformas Sociais que deriva da Comisión Nacional de Reformas Sociais (R/D de 5 de decembro de 1883), da boa fe deste tipo de sindicalismo coas propostas que na mesma presenta Heraclio Botana concelleiro dende 1913, onde non só se ergue como a voz do proletariado vigués, senón tamén como promotor de outros moitos asuntos de interese para a cidade, como o trazado do ferrocarril a Madrid por Zamora. Vigo sumóuse á folga Xeral de 1917 e o seu desenvolvemento pacífico debéuse e boa medida o labor coordinador do vigués Gómez Osorio que era un ferroviario dirixente moi activo da UGT. |
![]() |
|||
Entre outras moitas testemuñas do modelo de sindicalismo da UGT está o feito da creación en 1931 da Federación de Traballadores do Ensino (FETE/UGT) para a defensa da dignidade dos ensinanantes e mellora das súas condicións traballo e relacións laborais, pero tamén para a promoción e mellora do ensino no conxunto do Estado, ata o punto de que a historia do ensino en Galicia e en España pódese, nunha súa grande parte, escribir dende a propia historia da FETE/UGT, | ||||
que tivo que pagar un moi alto custo na etapa de creba democrática, sendo unha destas vícitimas o exemplar e innovador mestre Victor Fraiz, grande impulsor da FETE en Galicia, nado nunha ampla familia de mestres no 1887 en Bandeira (Silleda). Nunha cidade como Vigo, cunha economía de propensión aberta, resultou beneficioso contar cun sindicato como a UGT, estructurado en Federacións a nivel do Estado español e cunha visión internacionalista do sindicalismo, do que é unha mostra temperán a Comisión Galaico Portuguesa. Máis alá de visións localistas, a UGT en Vigo soupo polo tanto encadrar a análise da realidade social e económica local nunha interdependencia máis global, que se sentía xa nesta cidade dende os mesmos comezos do século XX polo acrecentamento das súas relacións de importación e exportación a nivel mundial, que quedaron expresamente de manifesto nos mesmos comezos da Grande Guerra de 1914, que ocasionou o bloqueo das relacións comerciais exteriores, preponderantes ata ese intre en Vigo, e que foron reconducidas a outros espacios mundiais sen perda de tempo. |
||||
![]() |
O modelo de sindicalismo da UGT non sempre foi ben percibido polo conxunto da patronal de Vigo, que prescindeu do mesmo nunha súa grande parte, precisamente cando máis útil lle podía resultar, é dicir, nos primeiros anos trinta da século XX, nun intre no que os efectos da crise financieira mundial de 19929 chegaban a Vigo, resultando os anos 1931 e 1932 de grande conflictividade polos despidos e a utilización bastante xeralizada do feche patronal. Aínda, así, a UGT utilizou como vía de solución a dos Xurados Mixtos, a da Delegación Local de Traballo e a mediación das autoridades do Ministerio de Traballo. Esta patronal rexeitaba tamén, ainda que non no seu conxunto, a primeira Lei de Contrato de Traballo (1931) que homologaba o modelo de relacións laborais de España co xa asentado nos países máis avanzados de Europa. | |||
Un sindicalismo que se mantén comprometido co futuro de Vigo. |
![]() |
|||
A Constitución Española de 1978 consagra o modelo de sindicalismo que, dende case un século, viñera desenvolvendo a UGT. A CE non reduce a función dos sindicatos a súa condición de instrumento reivindicativo, que era a única legalmente contemplada a comezos do século XX, e outórgalle unha función institucional no propio sistema jurídico-político con presencia en ámbitos importantes da política interna do Estado e nos organismos internacionais onde os sindicatos acadan presencia en importantes institucións supraestatais pola súa condición de persoas xurídicas representativas. | ||||
Os Sindicatos son entendidos na CE como Sindicatos de participación en favor do mantimento e consolidación do Estado Social, en canto tratan de favorece-lo progreso de tódolos cidadanos. De aí, que o Tribunal Constitucional teña calificado ós Sindicatos como órganos básicos do sistema político (SSTC 11/1981 e 18/1984). Deste xeito, os Sindicatos quedan lexitimados non só para a defensa dos intereses dos traballadores, senón tamén para defende-los intereses xerais en tódolos ámbitos. A Lei Orgánica de Liberdade Sindical, de 2 de agosto de 1985, atribúe ós Sindicatos máis representativos esta participación institucional e, polo mesmo, a condición de representación dos intereses xerais. Calquera tipo de intento para reduci-los Sindicatos ós esquemas de representación de comezos do século XX, basados nas figuras de apoderamento e representación do Dereito Privado, resulta polo tanto anacrónico e inconstitucional. En consecuencia, a UGT ven representando os intereses xerais en tódalas Mesas Sectorias ante os distintos Ministerios, Consellerías, Entidades Locais e Entes Autónomos. Os retos ós que se enfrontan os Sindicatos son dunha meirande amplitude nos tempos presentes, agravada polo contexto de desenvolvento humano nunha sociedade do coñecemento e pola intensificación da globalización da economía con pretensións de desregulación e sometemento só ás regras do mercado. Este novo contexto obriga ós Sindicatos a reforza-lo seu clásico internacionalismo e avanzar na construcción do Espacio Social da UE. No ámbito
local a UGT ven participando activamente na defensa dos intereses xerais,
con propostas propias e xunto con outras organizacións, nos ámbitos
da Eurorrexión da Comunidade de Galicia-Norte de Portugal, Área
Metropolitana de Vigo, Plan Estratéxico, Consello Económico
e Social do Concello de Vigo, e no Consello Social da Universidade de
Vigo. Neste senso a capacidadade da UGT e grande pola súa implantación
en tódolos sectores presentes na cidade de Vigo e na súa
Área Metropolitana e porque leva xa máis dun século
traballando nesta dirección en beneficio do progreso social e económico
|