BALANCE DUN ANO DE XESTIÓN DO EQUIPO DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO.
atui-la actividade administrativa.
A FETE/UGT-UNIVERSIDADE DE VIGO, comprometida como o conxunto da organización da que forma parte, cunha Universidade: pública, científica, crítica, de calidade e conexionada coa sociedade, presenta un informe estrictamente sindical ó remate do primeiro ano do novo equipo rectoral de goberno, no que examina a súa xestión nos eidos de: a) Mantemento do Servicio público que debe prestar a Universidade; b) condicións de traballo; d) políticas de formación e acción social; e) mellora da ratio Profesor-PAS-Estudiantes; f) contratación de persoal; g) política de calidade; h) respecto ós dereitos, libertades e promoción dos intereses lexítimos de tódolos membros da comunidade universitaria; i) recoñecemento dos dereitos dos delegados sindicais e da súa lexitimidade para participar na elaboración das políticas de persoal ou, se é o caso, recorre-las.
Domingo Docampo Amoedo, como candidato a Rector e xa coa seguridade de ter conformados os votos necesarios para a súa elección, escribía o 13 de maio de 1998 no FARO DE VIGO: En definitiva, falamos dun modelo de universidade pública que supón un compromiso moi forte coa calidade, a eficacia e a modernización da institución... A partir de aquí comeza o futuro( ¡!). Pero, no seu primeiro ano de goberno camiñou a cotío na dirección contraria.
As centrais sindicais, con presencia nas Xuntas de Persoal ou no Comité de Empresa da Universidade, participan cun representante con voz e sen voto na Xunta de Goberno; pero, esto no acontece no Claustro, máximo órgano de goberno da Universidade, diante do cal o Rector rinde contas ánualmente da súa xestión. Por esto, correspóndelle o sector de oposición criticar, se así quere facelo, no seo do Claustro Universitario, o balance anual de xestión que o Rector está obrigado a presentar, téndose comprometido categóricamente, no acto de presentación do seu programa diante do Claustro, a facelo cada mes de maio, cousa que non fixo, polo que noventa e dous claustrais solicitararónlle o catro de xuño, mediante sinaturas, unha sesión do Claustro para que cumpla coa súa obriga e non alongue o prazo que el mesmo se autoimpuxo.
De acordo co artigo 15 do Regulamento do Claustro Universitario, nestes casos de solicitude de convocatoria mediante signaturas dunha sesión do Claustro, o asunto a tratar será único na orde do día correspondente e a convocatoria non poderá aprazarse máis de 15 días naturais. O Rector respostou por correo electrónico o día 8 de xuño, cunha mensaxe a tódolos membros da comunidade universitaria, na que manifesta que non respectará ese prazo de convocatoria e tampouco, cando se decida a convoca-lo Claustro, ese asunto será o único na orde do día. Mediante un novo correo electrónico do 11 de xuño, o Rector reafirmóuse na súa posición de non convoca-lo Claustro extraordinario e de propoñerlle á Mesa do Claustro de que o inclúa os asuntos da sesión extraordinaria solcitada, como un punto máis da orde do día dun Claustro ordinario. O que veu a dici-lo Rector é que el non está subxecto á lei, e que o seu "progresismo", aclamado nalgúns medios de comunicación, parece inspirarse na teoría política do Renacemento do Princeps a legibus solutus.
Domingo Docampo manifestaba, sen embargo, nunha entrevista ó periódico universitario CUM LAUDE (Nº 8, XUÑO, 1999): uno de los principales logros de mi mandato es que la democratización de la Universidad es un hecho. Reunida a Mesa do Claustro para trata-lo asunto da convocatoria do claustro extraordinario, lembróulle ó Rector que tiña que convocalo nos termos que establece o Regulamento, cousa que fixo para unha data tan intempestiva como é a do 23 de xullo; pero, así mesmo, convocou unha sesión ordinaria do Claustro para o 9 de xullo, facendo figurar no punto 3 da orde do día os mesmos puntos que se debatirán de novo na sesión extraordinaria do día 23.
A FETE/UGT-UNIVERSIDADE DE VIGO non vincula a súa acción sindical máis que coa defensa e mellora da calidade do servicio público de ensinanza superior que presta a esta Universidade Pública. A todas aquelas persoas da comunidade universitaria e, incluso, a algún redactor de prensa diaria que queira identifica-la oposición política coa nosa acción sindical, permitímonos lembrarlle que no compromiso número 10 do noso programa electoral á Xunta de PDI figura escrito: Autonomía de acción fronte ós intereses dos partidos políticos e ás coalicións de goberno ou oposición no seo da Universidade de Vigo.
A UGT, sen renunciar a facer público o seguimento que ven elaborando de tódalas actuacións da Universidade de Vigo, na súa función de Administración Pública e dentro da liña anteriormente sinalada, limítase neste informe únicamente a algúns dos feitos que son de coñecemento público, e con el pretende contribuir a que se corrixa o rumbo de goberno, de maneira que esta Universidade, como institución pública, poida cumprir cos seus fins e acada-los obxectivos que a sociedade lle demanda.
De non lograr con este informe o obxectivo proposto, esta organización sindical tería que estudiar outras vías de conqueri-lo respecto da legalidade, incluídas as que poidan chegar a resultar necesarias para opoñerse á privatización de funcións públicas, consideradas como irrenunciables nunha Universidade.
A UGT considera que o máis grave da situación actual da Universidade de Vigo é que se está creando unha cultura de que todo é válido.Esta conducta fai podrecer o natural compromiso da comunidade universitaria de traballar con ilusión, para que a institución poida afronta-los seus retos con éxito, elaborando os proxectos necesarios para acada-las metas que hoxe en día ten fixadas a Educación Superior Universitaria.
Queremos que o Rector deixe dunha vez de dicir, na Xunta de Goberno ou no Claustro, de que el conta cos votos e que está lexitimado para utiliza-los, aínda que sexa sen argumentos ou contra os Regulamentos, Estatutos e Leis.
A UGT non é un sindicato de confrontación, láiase en voz alta do que acontece no eido do goberno da Universidade de Vigo, e agarda poder contribuir a mellora-la institución. De ser escoitada, está diposta a cambia-la crítica polo aplauso.
A UGT, cumprindo polo tanto cos compromisos programáticos da súa liña de acción sindical, síntese na obriga de salientar aqueles feitos que considera de alto risco, acontencidos neste primeiro ano do novo equipo de goberno da Universidade de Vigo, e a 29 de xuño de 1999 subliña os que figuran nos puntos que seguen.
Sete meses despois, trátase de "legalizar" definitívamente a anterior situación, anunciando no DOGA (30.O4.99) un concurso público de Contratación, mediante procedemento "aberto" do servicio dunha Unidade Técnica privada, baixo a modalidade de Contrato de Consultoría, Asistencia e Servicios, transgredindo de novo normas legais e, en especial, as establecidas na Lei 13/1995, de 18 de maio, de Contratos das Administracións Públicas, producindo unha situación de escándalo que deriva, de entre outros, dos feitos seguintes:
VII. Valerse do Tribunal de (sen) Garantías contra unha declaración sindical de folga de profesores.
Nesta orde de cousas compre salientar algúns puntos,relacionados co uso da imaxe pública da institución que está a facer Domingo Docampo para:
Unha mensaxe electrónica do 22 de xuño daba conta a toda a comunidade universitaria de que, na páxina Web desta sección sindical, se atopaba o texto seguinte:
Comunicado da FETE/UGT-UNIVERSIDADE DE VIGO sobre o punto 3 da Orde do Día da Xunta de Goberno (24.06.99): "Creación, se procede, da sociedade anónima CIDADE UNIVERSITARIA S.A. e nomeamento de conselleiros"
A FETE/UGT defende unha Universidade pública, científica, crítica, de calidade, aberta e conexionada coa sociedade, da que nace e á que se debe. Dentro do obxectivo de conexión Universidade-Sociedade, a FETE/UGT inclúe, tamén, o compromiso e actuación da Universidade en esperta-la vinculación da sociedade civil co público, como algo que é da sociedade e lle pertenece como propio, e que polo tanto debe valorar e apoiar como tal. O público é compromiso de todos defendelo.
A FETE/UGT rexeita a política rectoral de goberno de crear unha Administración periférica na Universidade e ancora-la en sociedades anónimas con ánimo de lucro, así como o investimento de fondos públicos con reparto de beneficios entre os socios particulares.
A FETE/UGT considera que un asunto de tanta trascendencia, como é o da posta en marcha dunha Administración periférica con ánimo de lucro, tiña que ser debatido no Claustro, máximo órgano colexiado de goberno da Universidade e que ten atribuída a función de determinar e supervisa-las liñas xerais de actuación da Universidade de Vigo (ESTATUTOS, Art. 68). Pero, este camiño non é o que se está a desenvolver neste caso, tratando pola contra de resolve-lo na Xunta de Goberno e darlle, despois, trámite ó Consello Social (Regulamento do Consello Social, Art. 2. 17) para que, no uso da súas competencias, ratifique o acordo. Por esto, este comunicado diríxese a toda a comunidade universitaria e, dada a súa trascendencia para a relación Universidade-Sociedade, a tódolos medios de comunicación, Institucións públicas e á Administración Universitaria da Comunidade Autónoma.
A FETE/UGT quere, tamén, salienta-la responsabilidade que asumen os membros da Xunta de Goberno o vindeiro 24 de xuño o tratar este asunto que, en definitiva, abre unha porta moi grande de privatización da actuación da Universidade incluso no eido internacional, xa que os Estatutos desta sociedade anónima a facultan, no seu artigo 4, para establecer las sucursales, delegaciones o agencias que se estimen convenientes, en cualquiera punto de España o del extrajero. Por esto, chámase a resposabilidade de tódolos membros da Xunta de Goberno e, moi en especial, a aqueles que pola súa militancia ou afnidade política sempre mantiveron a defensa do público e, agora, forman parte da actual coalición de goberno da Universidade. En calquera caso, dada a complicación xurídica deste asunto, pídeselle que non emitan de novo un voto cego contra a Lei e comecen por asesorarse con recoñecidos especialistas en dereito tanto mercantil coma administrativo.
A FETE/UGT, con independencia de que de novo se produza o voto armado da coalición de goberno contra a natureza das cousas e non se cheguen a ter en conta os principios de obxectividade e de recto proceder dos órganos colexiados de goberno da Universidade, como acontceu no Claustro do 23 de abril, como non pretende acadar éxitos sindicais fronte a ninguén, non pode quedar calada e asume as súas obrigas sociais que ten como sindicato democrático, denunciando, polo tanto, os feitos seguintes:
A CAÑIZA, 29 de xuño de 1999.
Asemblea Extraordinaria da FETE/UGT-UNIVERSIDADE DE VIGO.