Comunicado da FETE/UGT-UVIGO de avaliación do acordo entre a Mesa Sectorial e a SEEUID sobre o Plan de Promoción e Estabilidade do Persoal Docente Universitario. (Reais Decretos 70/2000 e 74/2000. BOE: 22/01/2000).

  1. O Plan reduce a precariedade laboral de máis de vinte mil profesores. Un dos seus aspectos principais é o do logro do compromiso de financiamento que esta central sindical viña reivindicando, como garantía de aplicación do Plan. A contía total é de 28.700 millóns de pesetas en tres anos. A Administración Xeral do Estado aporta vinteún mil millóns de pesetas e as Comunidades Autónomas os 7.700 millóns restantes. O reparto dos fondos por CC.AA. farase en función do número de estudiantes de cada territorio Entre outros aspectos positivos cabe salienta-los seguintes: 1. A creación da figura de Profesor Asociado Tipo 4, doutor con dedicación a tempo completo, que percibirá catro millóns de ptas. 2. O equiparamento dos TEU cos catedráticos de Secundaria na contía do complemento específico. 3. A integración dos Maestros de Taller e Laboratorio, con titulación suficiente, no corpo dos TEU. 4. A ampliación a seis do número máximo de quinquenios e sexenios.
  2. A FETE/UGT-UVIGO ADVIRTE DOS PERIGOS NA SÚA APLICACIÓN.
    1. O retraso das Universidades en facer efectivos estes acordos en contra do que, ademáis, xa tiñan acordado no seus respectivos Claustros Universitarios.
    2. A connvivencia entre as Universidades e CC.AA. respecto a aplicación destes fondos ou dunha parte dos mesmos para obxectivos distintos dos que están fixados no Plan. A Generalitat de Catalunya xa manifestou, coa ratificación favorable de algún Rector, a súa pretensión de adica-los fondos do Plan para contratos laborais de profesores para obxectivos concretos, voltando de facto á vella situación dos PNNs que, como é sabido, non resolve o problema da selección do profesorado universitario e só aumenta a situación de precariedade e a arbitrariedade dos Departamentos. Pola contra, a Dirección Xeral da Xunta de Andalucía andiantouse a poñer enriba da Mesa Sectorial das Universidades Públicas andaluzas un texto de Preacordo, de data do 25 de xaneiro, para acordar cos representantes sindicais a aplicación inmediata do Plan.
  3. A Xunta do PDI da Universidade de Vigo, xunto coas das outras Universidades do SUG, como órganos que son de participación e representación sindical, interesaranse diante dos Rectores para que non se demore a aplicación do Plan. As organizacións sindicais (FETE/UGT, CC.OO e CIG), asinantes do acordo coa Secretaría de Estado de Ensinanza Universitaria, deberán pola súa parte promove-la constitución da Mesa Sectorial de Universidade en Galicia e un acordo semellante ó da Xunta de Andalucía.

VIGO, 8 de febreiro do 2000.