Proposta da Sección Sindical de FETE-UGT de Estatuto do Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo.
Capítulo I: Concepto, carácter, autonomía funcional, garantías e incompatibilidades.
Artigo 1.
O Tribunal de Garantías é o Alto Comisionado do Claustro da Universidade de Vigo, instituído no uso da súa autonomía dentro capítulo III do Título V dos seus Estatutos para a defensa e garantías das libertades e dereitos de tódolos membros da comunidade universitaria, recoñecidos nos propios Estatutos e naquelas disposicións que os desenvolven.
Artigo 2.
O Tribunal de Garantías, como valedor que é da comunidade universitaria, velará así mesmo pola satisfacción dos intereses lexítimos e benestar da comunidade universitaria, contribuíndo ó bo funcionamento da Universidade de Vigo na prestación do servicio público que lle é propio, á mellora da súa actividade administrativa pública e da que presten os servicios xestionados por persoas físicas ou xurídicas mediante concesión administrativa, así como empresas e entidades que dependan da Universidade ou estean participadas por ela.
Artigo 3.
A estructura do Tribunal de Garantías é a dun órgano colexiado. Os seus membros elixiranse entre tódolas persoas da comunidade universitaria, acredoras da debida confianza para se-los seus valedores, polas recoñecidas cualidades de imparcialidade, honestidade e coñecementos da problemática da Universidade de Vigo.
Artigo 4.
O Tribunal de Garantías contará, no exercicio da súa actuación, coas prerrogativas seguintes:
Artigo 5.
Artigo 6.
A facultade do Claustro, recoñecida no artigo 72, -f) dos Estatutos da Universidade de Vigo, de aprobar, se é o caso, o informe anual do Tribunal de Garantías, entenderase como capacidade, sen posibilidade de rexeitalo, para formularlle aclaracións, suxestións e matizacións, que se xuntarán separadas ó informe.
Artigo 7.
1. A condición de membro do Tribunal de Garantías, debido a propia naturaleza deste órgano como valedor da comunidade universitaria, é incompatible coas actividades e funcións seguintes:
2. Aqueles membros do Tribunal de Garantías que, tra-la súa elección, se atopen nunha situación de incompatibilidade, renunciarán de maneira expresa no acto de aceptación do seu cargo ás actividades, funcións e cargos considerados incompatibles co mesmo no presente Estatuto.
Capítulo II: Da composición do Tribunal de Garantías, elección e cesamento dos seus membros.
Artigo 8.
O Tribunal de Garantías consta de sete membros coa composición seguinte:
Artigo 9.
Artigo 10.
1. Os membros do Tribunal de Garantías cesarán por algunha das causas seguintes:
2. No caso de cese polas causas a) e b), os membros do Tribunal de Garantías quedarán en funcións ata que remate o proceso de nova elección. Cando o cese se produza polas restantes causas, procederase a unha nova elección para cubri-las prazas vacantes para o período que reste e, de selo caso de substitución do Presidente/a, ocupará o seu cargo en funcións o membro do sector de profesorado de maior antiguidade na Universidade de Vigo ou de maior idade no caso de igualdade.
3. A moción de censura deberá ser presentada á Mesa do Claustro por alomenos un 25% dos claustrais e resolverase nunha sesión extraordinaria con este único punto na orde do día nun prazo máximo de 15 días hábiles. A súa admisión a trámite fundamentarase exclusivamente nalgunha das causas seguintes:
4. Se a moción de censura non obtivese os votos necesarios, consideraríase rexeitada, e cada un dos asinantes da mesma non poderán subscribir outra moción de censura no prazo dun ano.
Capítulo III: Ámbito de actuación e atribucións.
Artigo 11.
O Tribunal de Garantías, no marco do establecido neste Estatuto e en particular nos seus artigos 1 e 2, supervisará a actuación administrativa da Universidade, coidadando de oficio ou a instancia de parte, que queden garantidos os dereitos, intereses lexítimos e libertades dos membros da comunidade universitaria, para evitar situacións de indefensión, arbitrariedade e agravios. Todo isto sen perxuizo dos recursos e garantías contidas nos Estatutos da Universidade de Vigo e normativas de desenvolvemento, así como na lexislación vixente.
Artigo 12.
O Tribunal de Garantías ten atribuídas, no desenvolvemento das súas funcións, as facultades seguintes:
Capítulo IV: Procedemento para a tramitación de queixas, reclamacións e da función de mediación.
Artigo 13.
A actuación do Tribunal de Garantías poderá iniciarse de oficio e mediante queixas, reclamacións ou por aceptación das partes implicadas, que poderán ser tanto individuais coma colectivas.
Artigo 14.
A solicitude de actuación do Tribunal de Garantías poderá presentarse en calquera das oficinas do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo ou no propio Rexistro do Tribunal, e dirixirase ó Presidente/a por escrito e asinada pola parte interesada. Pero, cando así se solicite ou cando a natureza do tema o esixa, entregarase persoalmente ó Presidente baixo pseudónimo, que a rexistrará únicamente no Rexistro do Tribunal e lle asignará un código secreto ó expediente para preserva-la total discrección e identidade, da que serán só coñecedores o Presidente e a parte interesada.
Artigo 15.
As materias que estean sometidas a proceso xudicial, unha vez redactada e presentada a demanda, ou sobre as que penda un expediente administrativo sancionador non poderán ser sometidas a exame do Tribunal de Garantías, o que non impide que poida de oficio investiga-los problemas xerais que suscitan e velar para que a Administración Universitaria resolva expresamente, en tempo e forma as peticións e recursos que se lle presenten. Así mesmo, o recurso ó Tribunal de Garantías é compatible cos trámites xudiciais previos á presentación formal da demanda, na que se poden aporta-las resolucións do Tribunal como elemento de defensa.
Artigo 16.
Recibida unha solicitude de actuación, o Secretario/a do Tribunal de Garantías dará contestación motivada sobre a súa admisión ou non a trámite nun prazo máximo de quince días.
Artigo 17.
Admitida a trámite unha solicitude, o Presidente/a promoverá unha investigación para esclarece-los feitos, dando conta ó organismo, dependencia ou persoa afectados/as, requiríndolle que presenten a información que corresponda nun prazo de 10 días. Nesta fase de comprobación e investigación, o Presidente/a poderá persoarse en calquera Centro, Departamento, Instituto, Servicio ou Negociado da Universidade, previa comunicación ó responsable do mesmo, para recabar datos, facer entrevistas persoais ou proceder ó estudio dos expedientes e documentación necesarios.
Artigo 18.
Unha vez rematada a fase de investigación, as partes afectadas serán requiridas a comparecer diante do Tribunal, para que no prazo dunha semana respondan ás preguntas que proceda e manifesten todo o que desexen sobre as cuestións controvertidas, podendo actuar por si mesmas ou por persoas debidamente autorizadas para que as representen.
Artigo 19.
O Tribunal dispón dun prazo máximo de corenta días, contados dende a data de admisión a trámite, para remata-lo procedemento mediante dictame ou informe, mostrando o seu parecer sobre a queixa presentada e facendo aquelas recomendacións sobre o xeito de actuar de órganos, membros ou servicios da Universidade de Vigo, que terán que ser tidas en conta e, para que así sexa, recabará unha resposta do superior xerárquico correspondente. No caso de que a resposta teña que proceder de órganos colexiados, requirá a súa convocatoria no prazo de tempo máis breve regulamentariamente posible.
Artigo 20.
Cando das actuacións practicadas polo Tribunal de Garantías se desprenda que a reclamación ou queixa foi orixinada polo abuso, arbitrariedade, discriminación, erro, neglixencia ou omisión dun membro da comunidade universitaria, o Presidente/a elevará un informe ó Rector para que tome as medidas adecuadas para o restablecemento da situación perturbada, sen perxuízo de prosegui-la súa actuación nos termos establecidos no artigo 12, f) do presente Estatuto.
Artigo 21.
O Secretario/a do Tribunal remitirá á parte que interesou a súa actuación información de cada unha das accións realizadas e, ó remate do procedemento, o conxunto de tódala documentación.
Artigo 22.
As decisión do Tribunal de Garantías non son obxecto de recurso dentro da Universidade, por carecer de forza para modifica-los actos da Administración Pública Universitaria; e, tampouco, son suceptibles de impugnación xudicial.
Artigo 23.
A petición de mediación do Tribunal de Garantías presentarase mediante escrito no que consten con claridade o motivo e alcance da pretensión que se plantexa, os nomes dos solicitantes ou, no seu caso, o sector universitario do que actúan en representación. Seguidamente, o Secretario/a do Tribunal, daralle traslado con algún tipo de acuse de recibo, e neste escrito fixará un prazo de dez días para que os sectores implicados acepten por escrito a mediación do Tribunal. Transcorrido este prazo sen resposta negativa, entederase aceptada a mediación do Tribunal.
Artigo 24.
O Presidente/a, unha vez consolidada a aceptación da mediación do Tribunal, notificará a través do Secretario/a por escrito ás partes implicadas a apertura dun prazo dunha semana para que formulen por escrito as súas pretensións e presenten os documentos que lle sirvan de apoio.
Artigo 25.
O procedemento de mediación conclúe coa convocatoria das partes implicadas a unha sesión conxunta de conciliación, na que o Presidente/a presentará un informe razoado sobre as alegacións das partes e propoñerá fórmulas transaccionais sobre as cuestións controvertidas. As conclusións e acordos que resulten desta sesión terán carácter vinculante, e para esto recolleranse nun Acta, que deberán asinar o Presidente/a e Secretario/a do Tribunal, xunto coas partes.
Capítulo V: Dos órganos do Tribunal.
Artigo 26.
Os órganos do Tribunal de Garantías son:
Artigo 27.
O Pleno integrado por tódolos membros do Tribunal é o máximo órgano de deliberación e o único con capacidade para tomar acordos e adoptar resolucións, correspondéndolle tódalas actuacións previstas no artigo 12 do presente Estatuto.
Artigo 28.
O Pleno do Tribunal, se o volume do traballo así o aconsella, poderá constituir por acordo da maioría dos seus membros, unha Comisión permanente e outras comisións coas facultades que lle delegue o Pleno e na forma en que este o faga, respectando os criterios de representatividade que inspira a composición do Tribunal, que estarán presididas polo Presidente ou polo adxunto no que delegue. Para o seu funcionamento, polo que fai referencia ás convocatorias, quorum de asistencia e votacións, aplicaranse no posible, as normas deste Estatuto para o Pleno do Tribunal.
Artigo 29.
Son funcións do Presidente/a:
Artigo 30.
Corespóndelle ó Secretario/a:
Capítulo VI: Do funcionamento do Tribunal.
Artigo 31.
O Presidente/a presentará na primeira sesión do Tribunal de cada ano académico un calendario anual de reunións por trimestres, ó que se aterá o seu funcionamento, sen perxuízo da súa revisión e da convocatoria de reunións por motivos de urxencia ou gravidade. Este calendario farase público e incluirase na páxina Web do Tribunal.
Artigo 32.
O Tribunal non actuará no mes de agosto e nos periodos vacacionais da Universidade, permanecendo só aberto o Rexistro.
Artigo 33.
As reunións covocaraas o Presidente, cunha antelación mínima de corenta e oito horas, mediante comunicación escrita a tódolos membros ou por calquera outro medio telemático, utilizando algún sistema de acreditación de recibo.
Artigo 34.
Para que a convocatoria produza efecto deberá facer consta-la orde do día, hora e lugar de reunión, e ser dirixida ó lugar onde cada membro desenvolva o seu traballo e ós domicilios dos membros que teñan a condición de estudiantes.
Artigo 35.
Na orde do día o Presidente deberá inclui-los puntos que previamente solicitasen por escrito alomenos dous membros do Tribunal. Excepcionalmente, estando presentes tódolos membros do Tribunal, se así o acordasen por unanimidade, unha vez valorada a urxencia dun asunto, poderán adoptarse acordos que non figuren incluídos na orde do día.
Artigo 36.
Para a toma de acordos será necesaria a presencia do Presidente/a e alomenos de catro membros do Tribunal. A ausencia do Secretario/a non impedirá a válida constitución do Pleno, exercendo en tal caso as súas funcións un dos membros asistentes que designe o Presidente/a.
Artigo 37.
Os acordos tomaranse por maioría dos asistentes. No caso de empate decidirá o voto do Presidente/a. Os membros disconformes deberán argumenta-la súa discrepacia cun voto particular que se engadirá ó Acta.
Artigo 38.
As sesións do Tribunal, agás as do pleno para deliberación e as das Comisións, serán públicas mediante solicitude de acreditación en función da capacidade da sala.
Artigo 39.
De cada sesión do Pleno ou das Comisións redactarase Acta, que conterá, como mínimo, as circunstancias de lugar e tempo no que se celebrou, número e identificación das persoas que asistiron, os puntos principais da deliberación, a forma e resultado da votación, o contido dos acordos e o texto íntegro dos votos particulares se os houber. As Actas serán asinadas polo Secretario/a co visto e prace do Presidente/a, e aprobaranse, se procede, na seguinte sesión ordinaria.
Capítulo VII: Dos medios persoais e materiais.
Artigo 40.
Capítulo VIII: Do informe anual ó Claustro.
Artigo 41.
O Presidente do Tribunal de Garantías dará conta anualmente ó Claustro Universitario da xestión feita nun informe que presentará ante ó mesmo na primeira reunión ordinaria que se convoque ó comeza-lo novo curso académico.
Artigo 42.
A Universidade de Vigo publicará este informe, xunto coas observacións que lle formulen os claustrais, na súa Memoria Anual.
Capítulo IX: Da aprobación e reforma do Estatuto.
Artigo 43.
O presente Estatuto precisará para a súa aprobación do voto favorable da maioría absoluta dos presentes na sesión do Claustro. Este mesmo quórum será necesario para calquera modificación.
Artigo 44.
1. A iniciativa para a reforma deste Estatuto correspóndelle:
2. As propostas de reforma deberán ir acompañadas dun texto articulado e da argumentación na que se fundamentan.
Capítulo X: Da publicación e difusión do Estatuto.
Artigo 45.
Disposición Adicional.
O presente Estatuto deberá ser integrado e interpretado no marco do disposto nos Estatutos da Universidade de Vigo, Regulamento do seu Claustro Universitario e nos demais Regulamentos que os desenvolven, da Lei Orgánica 3/1981, do 6 de abril, do Defensor do Pobo, da Lei Orgánica 62/1978, de 26 de decembro, de Protección dos Dereitos Fundamentais, así como do resto do ordenamento xurídico que fose de aplicación.
Disposición Transitoria.
Unha vez aprobado este Estatuto, procederase a unha convocatoria electoral para que, nun prazo máximo de dous meses, poida ser elixido polo Claustro Universitario o Tribunal de Garantías entre tódolos membros da comunidade universitaria que, de acordo co artigo 240. 1 dos Estatutos da Universidade de Vigo, se queiran presentar á elección.
Disposición Derradeira.
O presente Estatuto entrará en vigor a partir do momento da súa aprobación.