Sesión de Xunta de Goberno do 3/3/2000.
INQUÉRITOS DO REPRESENTANTE DA FETE/UGT-UVIGO.
Sr. Rector, permítame que lle formule unha cuestión que atinxe á política sobre as materias de libre elección, que agardo resulte da súa atención e deste órgano colexiado de goberno ordinario da Universidade. A este efecto, pídolle que xunte o presente texto na súa integridade á Acta da Sesión.
Sr. Rector, non sei se esta actuación está encadrada na Universidade de todos, expresión coa que vostede rotula os artigos que asina na prensa local. Tampouco sei se esto forma parte do resultado, que ten dado como un dos seus logros fulminantes, de abri-la Universidade á Sociedade. En calquera caso, pola miña parte só vexo que de novo os intereses privados e particulares quédasen cos públicos dunha Institución que, por lei, ten que aterse ás normas do ordenamento xurídico público e servir ós intereses xerais da sociedade á que se debe.
Sr. Rector, esto acontécelle, salvo mellor criterio, a que vostede segue asinando CONVENIOS pola súa conta, incumprimindo as normas estatutarias que lle obrigan a somete-lo texto dos mesmos á consideración e aprobación previa da Xunta de Goberno.
Polo devandito, requírolle:
Polo devandito, paréceme excesiva a difusión desta convocatoria a toda páxina nos medios de comunicación, amosando o Director do seu Gabinete de Prensa, unha vez máis, moi pouca sensibilidade coa natureza das cousas desta Institución.
PRIMEIRA: Que se suprima da normativa vixente o punto 2. 7. -3: Tódolos Plans de Estudios preverán a posibilidade de conceder créditos de libre elección como recoñecemento de outras actividades. En consecuencia, que tal posibilidade non se contemple nos Plans que están pendentes de aprobación pola Xunta de Goberno.
SEGUNDA: Que se revise o punto 2. 7. -4 da devandita normativa, no senso de que poida haber oferta de materias de libre elección no primeiro curso académico de tódalas titulacións, tal como acontece no momento presente cun proveito importante para os estudiantes que entran por primeira vez na Universidade. Ademais, que se diferncie entre a natureza das materias de libre elección, según sexan do rpimeiro ou do segundo ciclo.
TERCEIRA: Tendo en conta que a formación de cidadanos está acreditada por Organizacións Internacionais (UNESCO), pola política universitaria da UE como un dos fins da Universidade e, coma tal, admitida pola CRUE, que se favoreza a introducción de materias de libre elección sobre temas como: Constitución Española, Integración Europea, Historia da Segunda Metade do Século XX, Linguas da UE e, en xeral, materias do eido das HUMANIDADES. Esta petición fundaméntase, por outra banda, no dato de que case a metade das/os estudiantes da Universidade de Vigo proceden dun COU de Ciencias.
CUARTA: Que, dende os Servicios de Alumnado e SIOPE (Servicio de Información, Orientación e Promoción ó Estudiante) se confeccione unha GUÍA DA OFERTA DE MATERIAS DE LIBRE ELECCIÓN, que se poida distribuir a comezos do mes de maio a tódolos centros de COU e se poña a disposición de tódolos estudiantes co material da matrícula no mes de xuño. Entre outras vantaxes desta Guía, está a de impedir que ocurran casos, como os que aconteceron no presente curso, de cambios dun cuadrimestre a outro, sen coñecemento das/os estudiantes matriculados, e facer en xeral compatible a súa elección cos horarios do resto das materias. VIGO, 3 de marzo do 2000.
J. J. SANTAMARÍA CONDE.